ATSF

#aquítaménsefala é a maior campaña de dinamización da lingua galega exercida activamente pola mocidade estudantil, con accións directas na contorna inmediata do propio alumnado. Un proxecto que comezou no IES Rafael Dieste, na cidade da Coruña, e que se estendeu axiña por máis de 200 centros de todo o país.

Ademais, #aquítaménsefala pon especial atención á música e á cultura galega realizando gravacións e entrevistas que se divulgan nas redes sociais. E facémolo porque si. Porque queremos rachar cos prexuízos que pretenden dar unha imaxe distorsionada dunha suposta Galiza que non fala o seu idioma propio.

Nas redes. Nos barrios. Nas casas. Cos colegas. Con quen sexa. Onde sexa. Aquí tamén se fala!