O DÉPOR É DA CORUÑA
Riazor é máis que unha praia de auga branquiazul. Nos días de xogo, milleiros de persoas fan medrar arredor desta casa o corazón da cidade. A Coruña orgúllase do seu club.
Desde 1906 o Dépor viu medrar a Real Academia, as Irmandades da Fala, a Cova Céltica, o pulo editorial de Lar e Nós, a reivindicación do Estatuto ou a Lei de Normalización.
Outros clubs deportivos máis mozos restituiron con dignidade e orgullo histórico os seus topónimos oficiais e patrimoniais. Deixar pasar esta eiva ten consecuencias que xeran disonancia e confusión na íntima relación do club e a cidade. É imposíbel pensar A Coruña sen o RC Deportivo, nin o Dépor sen A Coruña.
Este club nunca tivo medo de avanzar e diso dan proba os grandes éxitos colleitados, os xogadores que estamparon o seu nome nesa camisola, a creación pioneira dun equipo feminino ou a participación nunha liga comprometida coa diversidade e a inclusión.
Por todo iso, polas xeracións futuras, pola unión entre club e seareiros e por dar cabo dunha demanda que vén de longo percorrido, o Deportivo debe ser da Coruña. O cento e vinte aniversario do club pode ser, ademais, unha oportunidade histórica para demostrar compromiso e responsabilidade. Coraxe e determinación. Orgullo e identidade.
O Dépor é da Coruña.
SINATURAS