“Aquí tamén se fala galego” é a maior campaña de dinamización da lingua galega exercida activamente pola mocidade na historia, pois nela participaron xa máis de 20.000 mozos e mozas que actuaron sobre 50.000 espazos da súa contorna.
Exercer de técnico ou técnica de normalización da lingua é sinxelo: entramos nun local ou institución, preguntamos se podemos poñer este adhesivo da nosa escola para fomentar o uso do galego e explicamos que se lle dará publicidade desde as redes sociais.
Orgullosas e orgullosos do noso. Naturalizando que en cada espazo somos moitas e moitos os que usamos a lingua galega nas nosas interaccións diarias.
Se queres participar desde o teu centro nesta campaña podes solicitar os novos colantes, gratuítamente, á coordinación dos EDLG da túa provincia.